Publicacións

TERCEIRO CÍRCULO

Imaxe
Alba perdéuseme na vista asiña. Foi como diluíndose na paisaxe de fondo. Ao tempo que eu comecei a avanzar pola ponte cara ao illote. Cando xa levaba percorrido a metade ollei para arriba. No alto do muro do círculo exterior pareceume distinguir a alguén asexando. Imaxinei que dende algunha das plataformas de vixilancia interior. Ao volver a mirar para abaixo estaba arrodeado de nubes. De socato non se miraban os extremos da ponte e tampouco é que fora tan longa. Non vou dicir que me asustara. Si, vouno dicir. A cousa empezaba a ir un pouco máis aló do que agardaba en canto ao nivel de aventura. Consultei a hora en liña. Faltaban aínda 5 horas para o peche nocturno dos muros. Pero non as tiña todas comigo. Non sabía se sería quen de atopar o camiño de volta eu só. Dubidei que facer. Sentín que algo se movía preto de min. Viña dende o illote. Din a volta para saír da ponte dirixíndome á varanda que rodeaba o muro. As nubes foron abrindo de socato e deixáronme ver canta luz de día había ...

SEGUNDO CÍRCULO

Imaxe
Aquel dito se fixo viral. Por repetición. Ás veces abonda con iso, e as xentes o asumen como verdade. Non só era que estiver en boca dos dirixentes daqueles tempos. Era algo que estaba no imaxinario colectivo. Poida que coma unha esperanza á que aferrarse. O que todas agardabamos que sucedera, sen máis. Pero nada acontece sen máis. E ninguén se imaxinaba até que punto. Nada volverá a ser como antes . E o seu corolario. Imos saír mellores desta . Saímos menos. Cada nova pandemia levou por diante a un lote de xente. Até que atopabamos como detela. Saímos distintas. Mesmo distintas na xenética. Para ben ou non está aínda por ver. Mellores non. Peores en moitos sentidos si. Volvémonos desconfiadas. Marcando permanentemente as distancias. Perdemos a enerxía que nos daba o contacto físico sen limitacións. As celebracións colectivas, con ou sen motivo. Afondamos naquel camiño que se comezou a establecer no século anterior por outros medios de que cada unha vivira a súa vida. Eu ag...

PRIMEIRO CÍRCULO

Imaxe
Aquela tarde saín dar unha volta fora dos muros. Rematei a xornada intensiva na oficina de rexistro da septima pandemia. Serían as tres e media cando rematei o xantar nun dos miles de bancos/mesa públicos que había pola zona urbana de xestión. O primeiro círculo de restricción. Verde. A máquina de servizo de menús tiña case que 400 posibles combinacións pero hoxe apetecíame especialmente o prato de solla con grilo e queixo de ovella clonada. E unha estrela 2000, sabor menta, claro. Repetiría, de verdade. Pero xa sabía que non era posible. Un para cada persoa por quenda. Pola noite seguro que xa me apetecería outra cousa para a cea. Camiñei até o intercambiador de transporte público máis próximo. Case me atropela unha rapaza duns 12 anos no seu dron magnético. Ela nin se enterou. Mirando e escoitando o que lle aparecía na pantalla holográfica da escola virtual. Seguro que foi o auto piloto conectado o que me salvou de levar unha boa. Subín á banda de transporte e fun escollendo as rutas...